Xa está en marcha o segundo Congreso Internacional de Mediación Lectora. A encargada de inauguralo foi a escritora brasileira Marina Co...
Xa está en marcha o segundo Congreso Internacional de Mediación Lectora. A encargada de inauguralo foi a escritora brasileira Marina Colasanti que se valeu dunha historia sobre lobos e outra sobre fadas para explicar como funciona a natureza e a sociedade humana, ademais do valor da lectura para a nosa cultura e crecemento persoal. Deseguido, Eulalia Agrelo, da Universidade de Vigo, Ana Margarida Ramos, da Universidade de Aveiro e Cristina Novoa, da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia conversaron sobre a importancia das bibliotecas escolares na formación de lector@s.